Novas Tecnoloxías

miércoles, febrero 07, 2007

Hola!!

Tras uns días sen escribir no blog (por motivos de falta de tempo, claro) hoxe deixo dúas noticias:

A primeira e máis importante é que rematei o portafolios e xa o subín. Moita xente comenta no foro que está tendo problemas, tanto para a elaboración como para subilo ó campus virtual. Pois non sei si é que eu son afortunada, pero non tuven problema algún para subilo. En canto á elaboración... bueno, deume bastante que pensar, sobre todo para escoller qué iba a poñer en cada apartado e cómo iba organizalo. Ó final quedoume máis ou menos como eu quería e a verdade é que me sinto orgullosa do meu traballo. O que non teño moi claro é si acertei no contido.


A outra noticia é que todos e cada un de nosoutros (os usuarios de Internet) somos o personaxe máis destacado do ano para a revista estadounidense Time. Según afirman «Tú controlas la era de la información», e por iso adícannos unha portada este mes. Aquí tedes o enlace no que podedes ver a noticia:
http://www.lavozdegalicia.es/se_tecnologia/noticia.jsp?CAT=39072&TEXTO=100000113863

martes, enero 23, 2007

lunes, enero 22, 2007

Hoxe foi o último día de clase de Novas Tecnoloxías, co cal toca despedirse, aínda que reste algún traballo por facer...

Teño que dicir, como xa fixen noutras ocasións, que aprendín moito nesta asignatura, dende o primeiro día ata hoxe. Eu sabía máis ou menos algo sobre ordenadores e novas tecnoloxías en xeral, pero nunca mo plantexara desde este enfoque, aplicado á educación.
Aprendín a crear un blog, a usar o Power Point, o Front Page e o Squeak, gañei destreza co ordenador, comprendín qué era unha webquest, analicei softwares educativos... pero sobre todo conseguín ver as novas tecnoloxías desde outro punto de vista, e non só o da educación senón tamén desde o punto de vista da globalización, o comercio mundial ou o consumismo.
Creo que en relación á educación saquei moito proveito con esta materia, pois descubrín as grandes oportunidades que ofrecen as TIC's como recursos educativos, algo que nunca me plantexara nin imaxinara ata agora.

Na clase de hoxe estivemos falando sobre o último proxecto: o portafolios. Primeiro vimos uns exemplos que nos serviron como orientación para a realización do noso traballo e logo aprendimos a subir archivos ó campus virtual. Parecía simple ó principio mentres Adriana o explicaba, pero á hora de poñelo en práctica xurdiron as dúbidas e os erros. Por sorte isto ocurriume na clase e non na casa.

O portafolios é outra das cousas que aprendín este cuatrimestre, pois ignoraba a súa existencia. Como proxecto paréceme un tanto complicado, non por cómo facelo senón polo contido. Pero pouco a pouco irei solucionándoo, como fun facendo cos outros traballos. Así é como realmente se aprende.

sábado, enero 20, 2007

Hola!

Hoxe escribo para comentar unha noticia que lin e que me parece moi interesante. Resulta que os estudiantes da Universidade de Vigo poden baixarse as clases en mp3. Bueno, non todas, claro. De momento só para catro asignaturas, pero parece ser que queren seguir aumentando o número debido ó exito e á gran acollida que está tendo.


O problema que se plantexan os profesores é que os alumnos deixen de asistir a clase, pero según din, as clases en mp3 son só un complemento e non un substituto das sesións.

A min paréceme unha idea xenial. Moitas veces intentamos apuntar todo o que di o profesor e xustamente perdémonos esa frase que é tan importante para comprender todo o demais. Nese caso estaría ben chegar á casa, descargar a clase en mp3, volver escoitala para fixarse en detalles que perdiche, e anotar ou modificar apuntes.

Pero sinceramente, paréceme algo futurista para a Universidade de Santiago... E sen despreciar o que temos...

O enlace queda aquí para quen lle interese miralo:
http://www.lavozdegalicia.es/se_tecnologia/noticia.jsp?CAT=39072&TEXTO=5420772

martes, enero 16, 2007

Ayer por fin rematamos o terceiro traballo. Fáltannos uns retoques e xa o podemos enviar.
Agora temos que facer un portafolios con formato de páxina web. A verdade é que non tiña nin idea de cómo funcionaba o FrontPage, pero vexo que é moi útil e fácil de manexar. Sobre o portafolios tampouco sabía nada. Na clase de onte a profesora explicounos en qué consistía, aínda que xa nos avanzara algo ó longo do curso. Tamén nos dixo qué tíñamos que incluir nel e enseñounos un para que víramos de qué iba.
Ayer tamén descubrín cómo funciona o Squeak. Despois de ver un video na clase (por certo en inglés e subtitulado en español) puidemos practicar con este programiña. A ser sincera non me gustou. Estou dacordo que é moi útil e según parece pódese utilizar como recurso para axudar a conseguir unha aprendizaxe constructivista. Pero non me gusta porque en calquer sitio que fas "clic" sale un cadro que non se da quitado, ademais estou acostumbrada a traballar cos programas de Microsoft Office e non me daba adaptado co Squeak. Supoño que todo sería cuestión de práctica...

lunes, enero 15, 2007

Aquí vos deixo unha noticia sacada hoxe do periódico La Vanguardia.
Que cada un saque as súas propias conclusións...

"El teléfono móvil con conexión wi-fi, bluetooth y cámara de alta resolución está sonando. Su dueño espera una llamada importante, así que apaga la pantalla del televisor LCD para atenderla. Cuando acaba de hablar echa un vistazo al ordenador portátil, en el que carga la batería de un mp3 nano de ocho gigas. El de dos ya lo guarda en el baúl de los recuerdos tecnológicos. Navegando por internet mediante su PDA encuentra una noticia que le intriga: dentro de poco saldrá a la venta un nuevo modelo de móvil con el cual se podrá ver la televisión digital. Se pone nervioso, mira el móvil que compró hace sólo cuatro meses con desprecio y comienza a contar los días para adquirir el nuevo aparato. No es capaz de controlar ese impulso porque está enganchado a lo último, es adicto a la tecnología. No es un caso único. Un estudio de los psicólogos norteamericanos Larry Rosen y Michelle Weil - conocidos por haber publicado el libro Technostress en 1997- estima que hasta un 10% de los usuarios de tecnología serían adictos a ésta.
La tecnología facilita la vida, pero un mal uso de ella tiene numerosos efectos negativos, como son las adicciones. La afición desmedida a las videoconsolas o a los chats son las más conocidas, aunque entre estos tecnoadictos están apareciendo otros cuya obsesión es adquirir los aparatos más modernos que salgan al mercado.
Es un fenómeno todavía reciente y en España se cuentan pocos casos, "pero el problema comienza a despuntar", asegura Miguel Ángel Manzano, psicólogo de la clínica ISEP de Barcelona. "

E atención a esta parte...

"El mayor peligro de la tecnoadicción es, a decir de los psicólogos, su consideración social. Nadie verá mal que alguien tenga una cámara de vídeo de última generación. Al contrario, "este tipo de comportamientos se premian, poseer tecnología avanzada es una manera de mostrar tu estatus, como ocurre con los coches", opina Manzano. A aquellos que no tienen el último modelo se les considera unos desfasados y de esta manera el adicto refuerza su conducta.
El principal ejemplo de la fascinación por la tecnología está en los adolescentes. "Si no tienen un móvil con las últimas prestaciones se encuentran excluidos de su grupo, no se pueden pasar los mismos vídeos ni melodías que sus compañeros y obligan a sus padres a gastar dinero en exceso en estos teléfonos", asegura Manzano. Esta necesidad forzada de estar al día, según él, marca el principio de una adicción a las compras tecnológicas."

miércoles, enero 10, 2007