Novas Tecnoloxías

martes, octubre 24, 2006

Hola a todos de novo.
¿Queredes saber qué fixemos na clase de luns? Bueno, pois para quen non puido ir ou para quen non se enterou, estuvemos falando sobre o tema do mapa conceptual. Resulta que, debido a un erro do ordenador da profe, todos entendimos que había que entregar o traballo o luns. Pero no. Pasámonos o fin de semana apurados e agobiados (algúns, claro, porque quen non se enterara de nada non se agobiou) por poder entender o dichoso Cmap Tools e os problemillas que nos xeneraba. O primeiro que sentín, cando me enterei o luns de que todo fora un erro e non había que ter o mapa feito, foi sinceiramente rabia. Pero pensándoo ben, foi mellor así. Agora temos un traballo menos que, doutra forma, non houbera feito en 2 días. Ademáis tamén puiden comprobar o apoio que se deu entre os compañeiros, colaborando no foro e resolvendo dudas. En fin, que nos serviu a todos para espabilar un pouco.
E volvendo ó tema da clase de luns, despois de falar disto, xuntámonos por grupos de traballo para tratar o tema de "Por qué e para qué as TICs na educación".
Logo disto a profe explicounos cómo facer as presentacións en Power Point para o primeiro traballo.
E pouco máis hai que contar. Espero que todos o levedes ben co traballo. O noso, por sorte, está practicamente acabado, así que ahora toca un pouco de relax, e para a semana hai un puente moi guapo.