
Hola compañeiros!!
Hoxe escribo para comentar o meu primeiro día de prácticas. A verdade é que foi muy emocionante, para nada imaxinaba algo así. Pensei que me cortaría moito ó estar na clase, pero os nenos son encantadores e muy cariñosos. Como estou nun colexio pequeno (sobre 115 alumnos) teño que estar en todos os cursos, de 1º a 6º e máis dous grupos de infantil; ou sexa que vou acabar coñecendo practicamente a tódolos nenos.
En canto ó trato cos profesores teño que decir que é moi bo. A maioría xa os coñecía porque me deron clase ou porque estaban no colexio cando eu era pequena, e no recreo tomamos o café xuntos e bombardeáronme a preguntas, jeje, pero en fin... A profesora de inglés, a miña tutora, tamén é muy agradable (non a coñecía) e procura axudarme o máximo que pode. Para a semana que vén ela vai faltar un par de días e díxome que podía substituila. Faime moita ilusión porque estando ela podo observar e colaborar, pero non é o mesmo. A verdade é que se estima moito un trato así e ver que hay bon rollo cos profes.
Pero o que máis satisfacción me produce é a relación cos nenos. Son todos moi abertos e graciosos. Á maior parte non os coñezo, pero eles a min sí, e como esto é un pobo pequeno sábenme a vida!! jeje. Pregúntanme polo mozo, polo coche de meu pai, por meus irmáns...
Bueno, e por hoxe non escribo máis porque a este paso vou poñer máis cousas no blog que na memoria.


0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home