Hola a tod@s unha vez máis. Supoño que pola imaxe podedes imaxinar cómo me sinto... É que o feito de ter que facer o primeiro traballo outra vez colleunos por sorpresa, pois pasáramos horas e horas para a realización do Power point e resulta que agora non vale todo para nada. E aquí estou eu coméndome a cabeza, buscando imaxes e pensando frases que poñer. Encima, só de pensar que para dentro de pouco máis dunha semana temos que entregar o outro traballo... en fin, que me agobio máis. Claro, e tendo en conta que esta non é a única asignatura que temos.
Na clase do luns estivemos comentando todo o tema do traballo e vimos algúns exemplos de presentacións que estaban ben, pero para facer unha así, que é complicado, non chega tan pouco tempo. Despois estivemos buscando información para o segundo traballo. Non parece difícil, pero sí lioso.
En fin, que ando a tope. Menos mal que collimos este puentín, pero claro, hai que aproveitalo para adiantar, así que non vai ser todo festa.
Bueno, espero que o levedes ben e si non... pois si non, non sei, ajo y agua, é o que hai...


0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home