
Hola unha vez máis.
Onte por fin alegreime porque, rematado o segundo traballo de Novas tecnoloxías, pensei que me podería dar un respiro ou polo menos estar máis relaxada. Pois non. Resulta que durante as prácticas e as vacacións vamos ter que currar mogollón porque ó traballo da Memoria súmase o de Bases, Organización e o terceiro desta asignatura. E por suposto todos para xaneiro, tendo en conta que logo empezan os exames. Así que si queríamos adiantar algo de estudio para febreiro vamos telo crudo.
Para o terceiro traballo de NNTT, que parece o máis complexo, estivemos mirando cousas onte na clase. Vamos ter que usar un programiña que para min é completamente descoñecido, pero penso que ese non será o maior problema, senon o feito de ter que elaborar a webquest (igualmente descoñecía a súa existencia).
En fin, os meus comentarios pesimistas e desesperanzadores que suelo publicar non pretenden desanimar a ninguén. Pero un síntese mellor se o dice. Así que nada, ánimo a todos e que vos vaia moi ben nas prácticas. A min tárdanme pero tamén sinto un pouco de pánico, supoño que despois dos primeiros días superareino. Xa irei comentando no foro e publicando máis cousas no blog, que ademáis é parte do que temos que facer para a materia.
Sorte a todos!


0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home