Novas Tecnoloxías

lunes, noviembre 06, 2006

Hoxe por fin podo dicir que acabamos o primeiro traballo. Tal vez pensedes que xa era hora, que menuda cousa. Pero é que nos costou moito que quedara como queriamos e, ademais, como fixemos puente a semana pasada, tuvemos que andar mandándonos correos para poñernos dacordo entre as do grupo.
E agora temos que empezar co segundo. Bueno, tanto como empezar non, porque xa miramos cousas na clase. Hoxe dedicamos as tres horas da tarde a eso. E haber hai moitos sitios por onde buscar, pero que sexan interesantes... pouca cousa. A maioría dos software educativos que atopamos basábanse en aprendizaxes repetitivas e memorísticas, aínda que tamén vimos algún de simulación. A verdade é que me gustaría ver un no que se puxera en práctica unha aprendizaxe constructivista pero, ou non os hai, ou eu non os vexo.
En fin, xa vos irei informando...

Por certo, hoxe non me sentía inspirada para subir ningunha imaxe

1 Comments:

  • At 8:47 AM, Anonymous mariña said…

    Noraboa por ese traballo "rematado", ainda que supoño que a reflexión continuará. Como seguro que xa sabes, ou polo menos o escoitaches moitas veces, non hai aprendizaxe sen esforzo; seguro que aprendíchedes un montón de cousas con este primeiro proxecto de NN.TT. Ánimo para o seguinte: de certo que vos esperan cousas moi interesantes e proveitosas para o voso futuro coma mestras!

     

Publicar un comentario en la entrada

<< Home