Hola de novo. ¿Cómo levades o comezo da 4ª semana? É verdade que os nenos veñen un pouco alterados do puente, pero a min sígueme encantando esto de dar clase.
No meu colexio esperan recibir nos próximos días unha tandada de ordenadores e unha pizarra dixital por parte da
Xunta. Os ordenadores da aula de informática renovaranse e ademais instalarán un por cada clase para que o profesor (e espero que os alumnos) o poida aproveitar como recurso educativo. En canto á pizarra non está moi claro de qué vai nin cómo se vai usar, pero en principio mandan unha soa.
Hoxe estuven en clase cos nenos de 5º e preguntáronlle á profesora se podían ir ós ordenadores e dar clase alí. Ésta mirou para min como quen decindo "quen lles dera" e despois dixo "Non." Resulta que teñen cd's e dvd's do libro de texto, ademais dos múltiples recursos que oferta internet, pero en todo o curso non foron máis ca un só día ós ordenadores. Suplican moitas veces que os levemos pero a profesora confesoume que non lle gusta nada porque ten que estar moito máis pendiente deles. Xa, claro...
Espero que noutros colexios empreguen un pouco máis as novas tecnoloxías na ensinanza porque onde estou eu non pasamos de escoitar os cd's do libro do profesor, e encima ós nenos cóstalles moitísimo entender o que din. Lóxico, si só utilizan a pizarra, o libro e o cd.
No meu colexio esperan recibir nos próximos días unha tandada de ordenadores e unha pizarra dixital por parte da
Xunta. Os ordenadores da aula de informática renovaranse e ademais instalarán un por cada clase para que o profesor (e espero que os alumnos) o poida aproveitar como recurso educativo. En canto á pizarra non está moi claro de qué vai nin cómo se vai usar, pero en principio mandan unha soa.Hoxe estuven en clase cos nenos de 5º e preguntáronlle á profesora se podían ir ós ordenadores e dar clase alí. Ésta mirou para min como quen decindo "quen lles dera" e despois dixo "Non." Resulta que teñen cd's e dvd's do libro de texto, ademais dos múltiples recursos que oferta internet, pero en todo o curso non foron máis ca un só día ós ordenadores. Suplican moitas veces que os levemos pero a profesora confesoume que non lle gusta nada porque ten que estar moito máis pendiente deles. Xa, claro...
Espero que noutros colexios empreguen un pouco máis as novas tecnoloxías na ensinanza porque onde estou eu non pasamos de escoitar os cd's do libro do profesor, e encima ós nenos cóstalles moitísimo entender o que din. Lóxico, si só utilizan a pizarra, o libro e o cd.


0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home